Vodafone comercializa un novo dispositivo localizador de pequeno tamaño

martes, 1 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Para facilitar a localización do que consideremos importante, Vodafone está a comercializar o dispositivo TrackiSafe Mini, que cun tamaño de 3,9 x 3,9 x 1,2 centímetros e un peso de 20 gramos integra unha tarxeta V-Sim e unha batería con autonomía para 3 días, que pode facilitar o seu posicionamento valéndose de GPS, a rede móbil e as redes Wi-Fi.
Este produto válese do servizo V-Multi Tracker by Vodafone, que ten un custo mensual de 2 euros, e non só facilita a localización nun momento concreto, senón que tamén pode empregarse para disparar avisos que poidan advertir, por exemplo, se un obxecto se distanciou demasiado do noso smartphone (o que serviría para evitar que esquezamos a mochila ou as chaves), para alertar se un obxecto se moveu cando non debería (por exemplo, se a motocicleta deixou ao garaxe) e incluso ten botón de S.O.S., que envía unha alerta ao móbil ou un correo electrónica indicando as coordenadas onde se atopa o dispositivo.
Este localizador ten un prezo oficial de 39,90 euros, pero en promoción pode conseguirse por 19,95 euros.

O localizador só ten 3,9 centímetros de diámetro, 1,2 centímetros de grosor e 20 gramos de peso

PUBLICIDADE