Vodafone dobra a velocidade da súa fibra de 300 Mbps
luns, 20 de novembro do 2023
Vodafone anuncia
que os seus clientes de tarifas Vodafone converxentes e de fibra con 300 Mbps
de velocidade pasarán
a gozar dunha velocidade de 600 Mbps sen incrementar o seu prezo nin mudar
as condicións das tarifas, polo que este cambio resulta transparente para os
clientes.
Esta novidade beneficiará a 550.000 clientes da operadora, que gozarán dunha
mellor conexión, aplicándose este cambio de xeito progresivo, recibindo unha
mensaxe de Vodafone cando o proceso de mellora se complete.