Vodafone estrea unha nova tenda virtual de música no Reino Unido
luns, 10 de setembro do 2007
Vodafone estrea no Reino Unido unha plataforma de
descargas musicais para competir con iTunes e a Nokia Music Store, destacando por
afastarse do modelo da venda de temas e álbums e pasando á subscrición semanal.
Así, os clientes de MusicStation poderán
descargar toda a música que queiran do novo sistema, tendo que pagar 1,99 libras (2,93
euros) á semana para poder empregar as cancións (que tralo período de
subscrición deixan de funcionar, xa que están protexidas por DRM).
Este novo servizo que lanza Vodafone está baseado en Omnifone,
empresa que agarda espallar este modelo de negocio a un total de 30 operadoras
de telefonía móbil co que agardan chegar a un público potencial de 100 millóns
de terminais nun ano.