Vodafone facilitará conexión á Rede a colectivos en exclusión durante o Estado de Alarma

luns, 30 de marzo do 2020 Marcus Fernández

As operadoras de telecomunicacións están a emprender numerosas iniciativas de cara á difícil situación que estamos a vivir por mor da pandemia, e para que colectivos en risco potencial de exclusivo poidan gozar da conectividade axeitada para comunicarse cos seus familiares, seres queridos, ou simplemente para continuar coa súa actividade escolar durante o período de confinamento social dentro do Estado de Alarma dende Vodafone crea un bono social de conectividade de 30.000 liñas cunha tarifa plana de 60 GB ao mes durante o tempo que dura a crise.
Esta iniciativa está enfocada a colectivos afectados co obxectivo de que ninguén quede desconectado durante este tempo, realizándose a entrega das tarxetas SIM deste programa a partires do 1 de abril e en coordinación coas comunidades autónomas.
Vodafone tamén ten outras iniciativas neste momento, como o pagamento a 15 días a provedores para facilitar a liquidez das PEME; a activación de datos ilimitados a autónomos, profesionais e PEME para que poidan continuar a desenvolver a súa actividade sen preocupacións e a distancia; a apertura de 23 canles de televisión para os clientes de Vodafone; a doazón de 600 menús diarios a hospitais e residencias por parte dos empregados; a posta en marcha dun plan de voluntariado para combater as falsidades a través das redes sociais; acordos coa Cruz Vermella e Save The Children para facilitar conexión de balde para que os cativos continúen no Programa de Promoción de Éxito Escolar e o desenvolvemento de competencias dixitais a través de DigiCraft; e o acompañamento telefónico para persoas maiores que se atopan sós en colaboración coa Asociación Española Conectados Sin Barreras e a Confederación Española de Organizaciones de Mayores.

PUBLICIDADE