Vodafone inclúe router 5G nas súas tarifas de Internet portátil

luns, 11 de agosto do 2025 Redacción

Vodafone amplía o seu catálogo con Internet portátil 5G, unha nova solución que ofrece conexión á Internet para o fogar coa flexibilidade de poder levala a calquera lugar, pensando en quen precisa unha conexión rápida e fiable sen depender de instalacións fixas. Ofrece unha experiencia semellante á fibra pero sen instalación de cable, permitindo comezar a usala de inmediato e mover o router cando sexa necesario.
A proposta está orientada a quen dispón dunha segunda residencia e quere manter a conectividade sen complicacións, a persoas que viven en alugueiro temporal ou a quen simplemente queira gozar da liberdade de levar a súa conexión a onde vaia.
O servizo inclúe un router premium con Wi-Fi 6 que de ata 1 Gbps en condicións óptimas, grazas á conectividade 5G/4G de alta velocidade, sen limitacións de velocidade.
A oferta comercial componse dos plans: Internet portátil por 20 euros ao mes; Internet portátil máis móbil ilimitada con 50 GB e velocidade 5G por 30 euros; con 150 GB por 35 euros; ou con velocidade 5G ilimitada por 40 euros. Para segundas residencias, a tarifa é de 15 euros ao mes. Todos os plans poden combinarse con liñas adicionais e co servizo Vodafone TV.

No relanzamento da oferta de Internet portátil de Vodafone inclúese un router 5G