Vodafone incorpora ao seu catálogo o Mi 8
xoves, 27 de decembro do 2018
Vodafone anunciou hoxe o lanzamento dun lote
exclusivo que inclúe un smartphone Mi 8 de Xiaomi (na súa versión con 6 GB de
RAM e 64 GB de almacenamento), unha pulseira Mi Band 3 e unha Mi Power Bank de
5.000 mAh, que estarán dispoñibles a partires da semana que vén nas tendas
de Vodafone (fÃsicas e en liña) por 18,5 euros/mes durante 24 meses con
portabilidade e permanencia de 18 meses en Vodafone con calquera plan Red ou
Vodafone One S e superiores.
Lembremos que o
Mi 8 é un dos buques insignia de Xiaomi, cun procesador Qualcomm Snapdragon
845, pantalla AMOLED Full HD+ de 6,21 polgadas, cámara dual de 12 MpÃxeles, cámara
frontal de 20 MpÃxeles (que pode aproveitar esa resolución para combinar
pÃxeles conseguindo imaxes máis claras con pouca luz) e baterÃa de 3.400 mAh
con carga rápida.
Melloras na cámara
Cómpre salientar que un dos puntos fortes do Mi 8, a súa cámara, vén de recibir unha importante actualización que incorpora dúas novas prestacións: a mellora das fotografÃas nocturnas e a gravación de vÃdeo a super cámara lenta (960 imaxes por segundo).
- Táboa de prezos do lote no que Vodafone comercializa o Mi 8