Vodafone incrementará a cobertura 5G en máis dun 42% dos emprazamentos do litoral galego
luns, 29 de xuño do 2026
Vodafone España reforzará a súa rede 5G en máis de 1.500 praias este verán. Así mesmo, para facer fronte ao incremento no uso dos datos no verán, reforzará a súa rede 5G, en 3.200 emprazamentos situados en zonas costeiras e en máis de 700 emprazamentos situados no interior.
Desta forma, por comunidades autónomas, incrementará a cobertura 5G en zonas costeiras en máis dun 42% de emprazamentos do litoral en Galicia, máis dun 35% en Baleares, máis dun 31% en Canarias, máis dun 23% en Cantabria, máis dun 23% en Cataluña, máis dun 20% en Andalucía, máis dun 20% en País Vasco, máis dun 16% en Asturias e máis dun 8% en Murcia.
Así mesmo, con motivo da eclipse solar que terá lugar o 12 de agosto, Vodafone optimizou a súa rede e o servizo en 200 puntos de observación con mellor visibilidade do fenómeno celeste e máis de 1700 celas involucradas nas que realizará unha supervisión específica.
A operadora quixo reforzar deste xeito o seu compromiso coa conectividade ante o incremento continuo no uso de datos que se incrementou un 61% na rede de Vodafone o exercicio 2025, “para ofrecer unha mellor experiencia de navegación, maiores velocidades de descarga e unha conectividade de meirande fiabilidade nos destinos vacacionais”. A empresa lembra que o pasado verán os clientes utilizaron os datos un 71,3% en xullo e agosto en comparación cos mesmos meses de 2024. Desta forma, o tráfico de datos na rede 5G incrementouse un 75,3% en xullo e un 67,4% no mes de agosto.
En contraste co aumento no consumo de datos, o tráfico de voz diminuíu un 5,1% en xullo e un 6,3% en agosto respecto a idénticos períodos do ano anterior.
En canto ás aplicacións de datos, na terceira semana de agosto incrementouse o uso de Instagram nun 70%, TikTok un 65%, Youtube un 72% e Facebook un 33% respecto ao mesmo período do ano anterior, seguidas por aplicacións de streaming e mensaxería como Netflix, WhatsApp, Prime Vídeo e Spotify.
“Estes datos” , sinalan Vodafone, “reflicten a crecente demanda de contido multimedia en mobilidade e a consolidación da 5G como tecnoloxía clave para satisfacer as necesidades de conectividade dos usuarios”.
