Vodafone lanza unha tarifa internacional con 800 minutos para chamadas nacionais e a 57 países

xoves, 21 de xuño do 2018 Redacción

Vodafone vén de dar un novo paso en materia de facilidades e solucións para usuarios que estean lonxe da súa terra. Trátase de Mi País, unha nova tarifa para clientes que precisen facer chamadas ao estranxeiro e estar en contacto co seu lugar de orixe. O novo plan inclúe 800 minutos para chamar a España e a outros 57 países de Europa, América e Asia.
Ademais, a tarifa inclúe 5 GB para navegar que, durante este verán, aumentarán a 7 GB (até o 30 de setembro) para, en palabras da operadora, “dar a benvida ao bo tempo”. Vodafone tamén explica que o novo plan estará dispoñíbel para a súa contratación desde o 27 de xuño por 15 euros e renovarase cada catro semanas.
Os países incluídos nos 800 minutos son: Alaska, Arxentina, Australia, Bangladesh, Bélxica, Brasil, Brunei, Bulgaria, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Chipre, República Checa, Dinamarca, República Dominicana, Ecuador, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hong Kong, Hungría, Islandia, A India, Irlanda, Israel, Italia, Xapón, Luxemburgo, Malaisia, Malta, México, Mongolia, Marrocos, Países Baixos, Nova Zelandia, Noruega, Paquistán, Paraguai, Perú, Polonia, Portugal, Porto Rico, Romanía, Rusia, Singapura, Eslovaquia, Corea do Sur, Suecia, Suíza, Turquía, Reino Unido, Uruguai, Estados Unidos, Canadá e Venezuela.
A operadora Vodafone tamén deu a coñecer que os clientes que consuman todos os minutos da súa tarifa poden contratar un bono que inclúe 300 minutos para chamadas a Europa e Marrocos ou un bono de 100 minutos para chamadas a Latinoamérica, para “dispor de máis minutos internacionais e non deixar nunca de falar cos seus”, e todo por 5 euros cada bono.

PUBLICIDADE