Vodafone leva a emoción de El juego del calamar ás súas tendas da Coruña
luns, 30 de xuño do 2025
Vodafone, en colaboración con Netflix, transforma as súas tendas en A Coruña en escenarios inspirados na serie El juego del calamar para celebrar a estrea da súa terceira tempada. Ata o 11 de xullo, quen se achegue poderá levar de agasallo un ddakji (o tradicional xogo coreano que dá comezo á trama da serie) e participar no sorteo dunha viaxe a Londres para vivir El juego del calamar: La experiencia, unha recreación inmersiva recentemente inaugurada na capital británica.
A acción inclúe tamén un reto diario a través de Instagram e TikTok: Vodafone publicará a fotografÃa da fachada dunha das súas tendas de España, e os seguidores deberán adiviñar en que cidade se atopa.
Na Coruña (cando está previsto que chegue o xogo o vindeiro dÃa 4), os primeiros en chegar á tenda poderán converterse no xogador número 1 do dÃa, gañando 100 euros e un pack exclusivo da serie. Ademais, todos os participantes recibirán un agasallo e entrarán no sorteo da viaxe a Londres.
Con esta iniciativa, Vodafone quere converter as súas tendas da Coruña en espazos de encontro para os seguidores de El juego del calamar, ofrecendo unha proposta que mestura entretemento, premios e ofertas pensadas para os amantes das series.
