Vodafone mellora a súa oferta de servizos máis estivais
martes, 23 de xullo do 2024
Vodafone España está a renovar a súa oferta comercial, activando a fibra a 1 Gbps en todas as súas canles de venda e mellorando os seus produtos dirixidos a segundas residencias e conexións domésticas vÃa móbil.
O servizo Hogar 5G, que tira proveito das conexións móbiles 5G para dar acceso á Rede a fogares (ideal para onde non chega a fibra óptica ou a vivendas provisorias, como as residencias de verán), renova a súa estrutura de prezos e mellora a súa cobertura.
Esta solución que inclúe router 5G con Wi-Fi 6, parte agora dunha oferta que por 35 euros/mes achega unha conexión á Internet cunha velocidade de até 1 Gbps (dependendo da cobertura 5G e da conxestión da rede), liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, e unha liña móbil con 25 GB de datos. Por 40 euros/mes os datos móbiles medrarÃan até os 50 GB e por 45 euros/mes os datos incluÃdos na liña móbil serÃan 100 GB.
Os clientes con calquera plan converxente de Vodafone España poden contratar a solución Vodafone Fibra Segundas Residencias con fibra a 300 Mbps por 20,80 euros/mes, o que supón un aforro do 20% coa modalidade de só fibra, e inclúe tamén teléfono fixo, polo que supón un aforro considerable. Amais, este servizo tamén pode contratarse na súa modalidade flexible, para quen non desexe contratar o mes completo, o que permitirÃa a contratación de 2 dÃas de servizo por 5 euros, 7 dÃas por 15 euros e 31 dÃas por 35 euros.