Vodafone poderá mercar Tele2
mércores, 28 de novembro do 2007
A Comisión Europea deu este martes a autorización
pertinente a Vodafone para pechar a compra das filiais de Tele2 en España e
Italia, polo que se agarda que a operadora británica concrete a adquisición
por un importe de 775 millóns de euros, co que Vodafone mellorará a súa oferta
de banda larga, pois Tele2 ten servizos de telefonía fixa e acceso á Internet
por ADSL.
Lembremos que a filial española de Tele2 está sita en Vigo e ten unha carteira
duns 550.000 clientes dos que 240.000 teñen contratados servizos de banda
larga.