Vodafone premia as portabilidades con dispositivos como televisores e consolas
martes, 12 de novembro do 2024
Coa desculpa de que en novembro se celebra o Black Friday hai operadores de telecomunicacións que están a lanzar ofertas especÃficas, como é o caso de Vodafone, que preparou varios propostas de contratacións que, en vez de apostar por grandes baixadas de prezo, optan por incluÃr agasallos.
Temos asà que unha liña de fibra con 2 liñas móbiles, Vodafone TV, Max, Disney+, Amazon Prime e Netflix pode contratarse por 68 euros/mes (pagando só 47 euros/mes os primeiros tres meses) e, no caso de clientes que proveñan dunha portabilidade, poderán escoller entre un televisor Xiaomi Smart TV 32 A 2025 ou unha tableta TCL Tab Nxtpaper 11.
Outra das ofertas de Vodafone para o Black Friday é a posibilidade de contratar unha liña de fibra de 600 Mbps cunha liña móbil con 25 GB de datos por 45 euros/mes, e de chegar dende outra compañÃa poderán elixir entre un smartphone Samsung Galaxy FE 24 ou unha consola PlayStation 5.
Vodafone tamén está a ofrecer descontos na compra de dispositivos para os clientes actuais e incluso conta con ofertas de smartphones económicos para os novos clientes de prepagamento.