Vodafone prepara un servizo de Internet doméstico con datos ilimitados por 4G

mércores, 18 de setembro do 2019 Marcus Fernández

A partires do 23 de setembro o servizo Vodafone 4G en casa pasará a chamarse Vodafone One Conecta, cambio co que achegarán unha importante novidade: increméntase a capacidade de transferencia de datos de 80 GB a ilimitados. Deste xeito Vodafone tería unha atractiva alternativa ao servizo Movistar Internet Radio, que atende a demanda de conexión de moitas zonas ás que non chega nin o ADSL nin a fibra.
Vodafone One Conecta inclúe unha liña fixa (baseada en telefonía móbil), un smartphone e unha liña de datos fixa mediante un router 4G que comparte a través de Wi-Fi unha conexión con datos limitados. O prezo desta tarifa iría en función da liña móbil asociada, de xeito que coa tarifa One Mini (con 3 GB de datos no móbil) custaría no 47,99 euros/mes e que iría escalando até a One Ilimitada Total a velocidade máxima por 73,99 euros/mes.

PUBLICIDADE