Vodafone presenta un móbil pensado para os maiores
xoves, 30 de xuño do 2011
Vodafone España e Emporia presentaron hoxe en A
Coruña o terminal
móbil Emporia RL1, que comercializa en exclusiva Vodafone e que dá resposta
a aqueles que demandan móbiles para comunicarse de xeito claro con familiares e
amigos. Na presentación participaron o psicólogo Bernabé Tierno, que destacou
os beneficios da comunicación para ter unha vida feliz, e MarÃa Dolores Novo,
da Unión Democrática de Pensionistas, que se centrou na necesidade de que
existan tecnoloxÃas accesibles que eviten o illamento de colectivos como o de
persoas maiores.
O novo Emporia RL1 é un terminal de pequenas dimensións (107 x 50 x 12
milÃmetros), peso lixeiro (92 gramos) e atractivo deseño, doado de utilizar. Estamos
ante un terminal de doado uso, compatible con audiófonos, que posúe teclas
extra grandes con puntos de presión claramente recoñecibles e unha ampla
pantalla OLED de alto contraste para facilitar a lectura. Integra a
funcionalidade de lanterna LED e a súa base de carga destaca por contar cun
botón que permite activar directamente o mans libres do móbil, facilitando o
uso do terminal no fogar sen ocupar as nosas mans.
O Emporia RL1
está dispoñible en tendas e na Tenda Online de Vodafone dende 0 € para
altas novas e clientes que fagan unha portabilidade (cambio de operador
mantendo o número) con permanencia de 18 meses e consumo mÃnimo de 8 € ao mes.
- José Manuel AzorÃn destacou as bondades do servizo de tele-asistencia asociado ao Emporia RL1
José Manuel AzorÃn, responsable da Unidade de Produtos Sociais de Vodafone
España, destacou que «en Vodafone
traballamos cada dÃa para ofrecer dispositivos móbiles e servizos que faciliten
a comunicación de todas as persoas e lle acheguen beneficios. O principal
obxectivo é dar resposta ás necesidades das persoas dependentes, empregando os
últimos avances en tecnoloxÃa e telecomunicacións e total cobertura en servizos
asistenciais, para dar apoio dentro e fóra do fogar á persoa que o precise».
Como grande novidade o novo móbil inlúe un servizo de asistencia e asesoramento
de balde que subministra a empresa Asmedit e que permitirá
que os propietarios do teléfono Emporia RL1 poidan resolver as súas dúbidas de
carácter socio-sanitario (interpretación de análises clÃnicas, posoloxÃa de
medicación...), xurÃdico (dereitos da Seguridade Social, pensións, divorcios,
viuvez...), psicolóxico (relacións afectivas infancia...), nutricional (axudas
equilibradas e hábitos alimenticios, axudas asociadas a patoloxÃas
especÃficas), sociais (dúbidas sobre axudas á familia, de orfandade...),
informáticas (utilidades do software ou hardware) e contarán cun servizo
permanente de axuda no uso do teléfono móbil as 24 horas do dÃa todos os dÃas
do ano.
- O Emporia RL1 destaca polo grande tamaño dos seus botóns e do texto na súa pantalla, asà como de elevados niveis de volume nos seus auricular e timbres