Vodafone presenta unha solución avanzada de conectividade e seguridade para PEME

mércores, 2 de outubro do 2019 Redacción

Co obxectivo de dotar ás empresas de menor tamaño de solucións avanzadas para garantir a integridade dos seus datos, Vodafone presenta Conectividad Aumentada, un servizo que proporciona unha rede privada virtual (VPN) entre as sedes dunha empresa, aplicando políticas de encamiñamento a escala de aplicación e usuario, sobre unha conectividade da Internet.
Co lanzamento de Conectividad Aumentada, proposta baseada en SD-WAN de Cisco, Vodafone posiciónase como o primeiro operador en ofrecer unha solución destas características ao segmento de pequenas e medianas empresas (entre 50 e 100 empregados), con funcionalidades avanzadas:
– Servizos de Seguridade na navegación desde cada sede aplicando funcións de firewall de aplicacións, web filtering, protección de intrusións e antimalware. Desta maneira, a rede empresarial conecta de forma segura e flexible a usuarios e localizacións e entre si porque Conectividad Aumentada detecta o tráfico potencialmente daniño que chega á rede e implementa devasas virtuais rapidamente.
– A rede configúrase e xestiónase de forma centralizada por persoal experto de Vodafone, o que significa que os cambios se poden automatizar e realizar con garantías rapidamente, en resposta ás novas demandas do negocio.
– O Servizo de Teletraballadores permite unha conexión segura de usuarios remotos á VPN da empresa a través de Internet, de modo que traballan remotamente coma se estivesen na oficina, suxeitos aos mesmos estándares de seguridade.
– O Portal de visualización ofrece os parámetros e estatísticas do servizo en tempo real, así como a autogestión de usuarios para a conectividade Wi-Fi e teletraballadores. Este nivel de visibilidade e control en tempo real de toda a rede permite xestionar recursos, previr ameazas e adaptar os servizos de maneira áxil á dinámica do negocio.
Para unha maior comodidade, Conectividad Aumentada comercialízase como un único pack integrado nun modelo de pagamento mensual. O prezo é de 100 euros ao mes por sede sen cota de alta, cunha permanencia de 24 meses. Ademais, os primeiros clientes pódense beneficiar dun 50% de desconto durante os tres primeiros meses.

PUBLICIDADE