Vodafone proba o 5G transfronteirizo entre Tui e Valença do Minho

mércores, 22 de maio do 2019 Redacción

Vodafone España e Vodafone Portugal, xunto a Ericsson, realizaron hoxe con éxito a primeira conexión 5G de datos transfronteiriza en mobilidade do mundo, entre as localidades de Tui (Pontevedra) e Valença do Minho (Portugal). O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; António Coimbra, presidente e CEO de Vodafone España; Mário Vaz, CEO de Vodafone Portugal; e José Antonio López, presidente e CEO de Ericsson España.
António Coimbra (Vodafone España), comentou que «este novo fito mundial confirma a Vodafone como referente tecnolóxico de 5G tras realizar tamén a primeira chamada 5G e a primeira conexión 5G sobre smartphones reais do mundo. A colaboración hispanolusa é fundamental para vertebrar as redes 5G na península ibérica e deste xeito poder afrontar os novos retos que exporá unha sociedade con millóns de dispositivos conectados a Internet de forma simultánea».
José Antonio López (Ericsson España) comentou que «o 5G beneficiará a consumidores e industrias e levará a Internet das Cousas a un nivel superior. Ericsson e Vodafone manteñen unha sólida colaboración para a innovación. Este importante fito tecnolóxico permite conectar, por primeira vez, dous países a través de 5G en mobilidade e supón un paso importante na construción dun ecosistema sólido para facer que 5G sexa un éxito».

Vigo e A Coruña estarán entre as primeiras cidades europeas con 5G

Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo resaltou que Galicia conseguiu conformar un nodo 5G co compromiso de Vodafone, Telefónica e Orange, para realizar 9 casos de uso do 5G até 2020, entre so que destacan 3 proxectos piloto de Vodafone: un en materia de extinción de lumes, outro cunha ambulancia 5G que facilita a monitorización remota de pacientes críticos, e unha terceira de xestión do tráfico en interseccións coa comunicación entre vehículos e viandantes.
O presidente da Xunta tamén salientou que á grandes cidades españolas nas que confirmouse a cobertura 5G a partires do vindeiro verán xuntaranse as cidades de Vigo e A Coruña.

Primeira conexión transfronteiriza con 5G

TojoR retratado por Xataka Móvil na furgoneta de Vodafone

Dous xogadores profesionais do club de Esports Vodafone Giants (Ricardo Fox Pacheco e Toni Tojor Jordá) completaron o traxecto entre Tui e Valença en dous coches mentres xogaban en cadansúa tableta a PUBG Mobile.
Durante o devandito traxecto os gamers gozaron das vantaxes de 5G, mantendo unha conexión estable e ininterrompida no cruzamento de fronteira. O gaming é un dos sectores que se verá máis beneficiado desta tecnoloxía, xa que proporciona as latencias necesarias para xogar en tempo real en calquera momento e en calquera lugar. O 5G reducirá notablemente os tempos de resposta das aplicacións móbiles, permitindo a aparición de novas categorías de xogos móbiles, así como de potenciais campionatos e ligas profesionais nestas plataformas.
A demostración foi realizada na rede pre-comercial de Vodafone usando os sistemas de radio e infraestrutura de núcleo de rede de Ericsson, así como 8 antenas 5G. As antenas instaláronse en estacións base existentes en Portugal e en España. Isto permitiu aproveitar a rede 4 G de última xeración de Vodafone, xunto coas especificacións do estándar 5G Non-Standalone (NSA) pechadas polo sector para a comercialización desta tecnoloxía. Ademais, para esta demostración utilizouse Massive MIMO e outras tecnoloxías en desenvolvemento. Estas son dous das innovacións que permitirán desenvolver a nova xeración de comunicacións móbiles, proporcionando maiores capacidades e eficiencia.
Nesta demostración do potencial de 5G tamén participaron Groupe PSA, CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e a Xunta de Galicia, como socios destacados de Vodafone e Ericsson no desenvolvemento conxunto de futuras aplicacións para Vehículo Autónomo e Conectado, cuxos ensaios utilizan o corredor europeo O Porto-Vigo.
CTAG desenvolve proxectos internos, con empresas e tamén participa en numerosos proxectos de I+D europeos. O Centro conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento da electrónica e os sistemas intelixentes no automóbil, e neste proxecto centrouse no tratamento de datos do vehículo, os servizos cooperativos de seguridade, ademais de traballar na integración do receptor 5G e as pantallas utilizadas.

PUBLICIDADE