Vodafone realiza en España un piloto que demostra os beneficios do espectro de 6 GHz
mércores, 25 de outubro do 2023
A
compañía
Vodafone compartiu os detalles dun piloto impulsado pola operadora
que demostraría os beneficios do espectro de 6 GHz ante “a
posíbel escaseza de capacidade da tecnoloxía 5G”. Segundo explica
a empresa no seu balance, a habilitación desta banda para o uso
móbil “garantirá que os clientes, particulares e empresas,
reciban servizos 5G aínda máis rápidos e fiábeis nun prazo de 5 a
10 anos, ao mesmo tempo que evitará a falta de capacidade móbil
causada pola crecente demanda de datos”.
Os
enxeñeiros de Vodafone España, utilizando un smartphone
adaptado á banda espectral de 6 GHz que estará dispoñíbel nos
países europeos, alcanzaron velocidades de descarga de ata 5 Gbps,
máis ou menos o dobre da velocidade que poden alcanzar as redes
actuais. No que que se refire ás probas desenvolvidas en espazos
interiores, acadouse unha media de 2 Gbps, en palabras da operadora
“unha velocidade importante tendo en conta que o 75% do tráfico
móbil xérase en fogares, oficinas e espazos públicos interiores
como cafeterías, tendas, restaurantes ou ximnasios”.
A
operadora explica que estas probas “demostran que esta tecnoloxía
ten o potencial de conseguir niveis de cobertura comparábeis aos das
redes 5G actuais, poñendo de manifesto que a banda pode despregarse
de forma doada, rendíbel e eficiente nos emprazamentos móbiles
existentes e para obter un aumento da capacidade cando se esgote o
largo de banda actual”.
A
compañía tecnolóxica presentou as conclusións do seu piloto antes
do encontro no que participan reguladores nacionais e membros da
industria o próximo mes en Dubái: a Conferencia Mundial de
Radiocomunicacións (CMR-23), un encontro no que, segundo explica
Vodafone, decidirae o futuro uso “deste valioso recurso do
espectro”. Vodafone, entre outras firmas de redes móbiles, defende
que a banda superior do espectro de 6 GHz sexa asignada ás
Telecomunicacións Móbiles Internacionais (IMT), baixo a
consideración de que “isto promoverá a harmonización dos
servizos 5G nas diferentes áreas xeográficas e equilibrará a
asignación da sección inferior da banda xa asignada aos servizos
Wi-Fi”. Desta forma, as empresas, as organizacións do sector
público e os usuarios particulares de toda Europa poderán
beneficiarse do mellor da rede móbil e o Wi-Fi, apunta a compañía.
Alberto
Ripepi, responsábel da área Network de Vodafone, sinalou: “Sen
unha asignación xusta e equilibrada do espectro de 6 GHz, os usuarios
de rede móbil de todo o mundo poderían ter que enfrontarse a unha
crise de capacidade en aproximadamente cinco anos. O espectro 5G
adicional impulsaría a transformación dixital das empresas e as
organizacións do sector público, e apoiaría a ambición da
Comisión Europea de ter unha conectividade rápida ao alcance de
todas as zonas poboadas para 2023”. Ripepi engadiu que a presión
de liberar máis espectro “aumenta a medida que o fai a demanda de
largo de banda”. No caso de Vodafone, a operadora viu medrar esta
demanda un 30% cada ano en toda Europa a medida que máis
dispositivos e servizos, como gafeñas de Realidade Aumentada,
vehículos ou sensores para a saúde, conéctanse á rede 5G, “xa
que todos eles requiren de redes móbiles con maior potencia e
capacidade de procesamento”.