Vodafone terá nas tendas os pedidos dos seus clientes nun prazo máximo de dúas horas

venres, 13 de abril do 2018 Redacción

Vodafone España vén de lanzar un servizo que axiliza e facilita os procesos de solicitude de produtos en establecementos da operadora. Estamos a falar do servizo Recollida Express, que, segundo sinala a compañía, permite que os clientes poidan recoller o seu pedido de terminal e SIM nas tendas Vodafone, nun prazo de tempo máximo de 2 horas desde que o solicitan. A iniciativa, que xa está en marcha en seis locais de Madrid, Valladolid e Valencia, espallarase de maneira gradual aos case un milleiro de puntos de venda que constitúen a canle de distribución de Vodafone no eido estatal. O servizo ten, ademais, a vantaxe de ser de balde. Achégase tanto para os clientes que anoven terminal como para quen peida un número novo con ou sen terminal.
As persoas interesadas poden solicitar o servizo Recollida Express chamando ao 123 ou 1444 ou facéndoo ao 22123 ou 1444 se non son clientes. A compañía tamén lembra que en datas vindeiras a iniciativa estará dispoñíbel a través da web www.vodafone.es, o que deixará marxe aos usuarios para elixir exactamente en que tenda recoller os seus pedidos.
Por outra banda, a operadora complementará estas novidades coa posta en marcha dun servizo de cita previa que permitirá seleccionar data e hora para realizar calquera xestión en tenda (contratación de produtos, atención ao cliente, etc) e outro de Entrega Premium que fara posíbel que os clientes poidan recibir os seus pedidos en dúas horas ou en horario nocturno no seu domicilio.

PUBLICIDADE