Vodafone terá que mellorar o roaming nas tarifas de prepagamento

venres, 14 de marzo do 2025 Marcus Fernández

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia vén de publicar unha resolución sobre o uso razoable da itinerancia nas tarifas de prepagamento de Vodafone España, por considerar que non se axusta ao regulamento europeo, polo que terá que mellorar as condicións actuais das súas tarifas.
Esta resolución chega tras a denuncia dun usuario que detectou que a tarifa de prepagamento de Vodafone de 10 euros/28 días incluía 6 GB de datos en itinerancia, cando legalmente tal límite tería que ser, como mínimo, de 10,663 GB.
Dende a presentación da denuncia Vodafone incrementou o volume de datos en itinerancia lixeiramente, pero sen chegar ao mínimo establecido pola normativa aplicable, polo que será preciso un axuste dun apartado que actualmente inclúe 7, 13, 15, 26 e 40 GB de datos en itinerancia por 10, 15, 20, 30 e 40 euros respectivamente, cando os volumes de datos deberían ser de 12,71, 19,07, 25,43, 38,14 e 50,86 GB respectivamente.