Vodafone venderá en España os HTC Desire HD e Z

mércores, 6 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Esta mañá Vodafone aproveitou o SIMO Network para presentar os terminais HTC Desire HD e HTC Desire Z para o mercado español, con prezos e tarifas asociadas, aínda que sen datar o seu lanzamento (aínda que suponse que chegarán en poucos días). Estes interesantes móbiles co sistema operativo Android 2.2 buscan ampliar as posibilidades do HTC Desire orixinal, ofrecendo no caso do modelo HD unha pantalla de 4,3 polgadas mentres que o modelo Z opta por un teclado QWERTY deslizante, de xeito que agora os consumidores teñen unha maior capacidade de elección á hora de adquirir un móbil con Android.
Os particulares poderán facerse co HTC Desire HD por 0 euros con portabilidade e permanencia de 18 meses cun consumo de 59,9 euros/mes e tarifa plana de datos de 15 euros, mentres que de deixar a tarifa de voz en 19,9 euros/mes o terminal custaría 99 euros. Pola contra, os profesionais só deberán pagar 49 euros con portabilidade e permanencia de 18 meses co Plan Conecta Voz e Internet Plus, que por 25 euros/mes inclúe tarifa plana de datos e 1.000 minutos en chamadas de 8 a 20 horas de luns a venres.
O HTC Desire Z quedará inicialmente relegado aos profesionais, custando 39 euros con portabilidade e permanencia de 18 meses co devandito Plan Conecta Voz e Internet Plus.

PUBLICIDADE