Volve #ApuntasTech co obxectivo renovado de fomentar as vocacións tecnolóxicas femininas
xoves, 13 de febreiro do 2020
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
(CPEIG), a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Asociación de
Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) e a Asociación.GAL
lanzan a segunda edición do concurso #ApuntasTech?, o certame
destinado a promover vocacións tecnolóxicas femininas e impulsar,
deste xeito, a presenza das mulleres nas carreiras STEM, hoxe en día
en retroceso.
Máis
polo miúdo, o obxecto principal do concurso é “xerar un catálogo
de propostas concretas que axuden a espertar o entusiasmo pola
tecnoloxía e alentar as vocacións tecnolóxicas temperás,
principalmente entre as nenas de 10 a 15 anos (5º e 6º de Primaria
e 1º e 2º de Secundaria)”.
Este
concurso enmárcase dentro das actividades do oitavo Día das Rapazas
nas TIC (International Girls in ICT Day), que se celebrará o
vindeiro 23 de abril, día no que se fará pública a decisión do
xurado do concurso. Este acto celebrarase no CESGA e será
retransmitido en directo a través de Internet.
Toda
a información e instrucións para participar no evento está
publicada na web da devandita iniciativa conmemorativa.
Gozar
as novas tecnoloxías
O
certame trata de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas
para gozar das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación)
na aula de “forma transversal, variada e inclusiva”. Este
catálogo de ideas, informan as entidades convocantes, “será un
recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de
forma amena, principalmente na aula, pero tamén fóra dela, en
actividades extraescolares, en familia, etc”.
Logo
farase unha escolma das mellores propostas e publicarase con licencia
aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en
diferentes acubillos de materiais educativos online.
O
obxectivo é achar “propostas divertidas, apaixonantes e
innovadoras”, informan as entidades, engadindo que as contribucións
deberán ter en común “facer uso das TIC de forma creativa, tanto
con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa
unicamente o seu obxectivo final, senón un medio, e sexa posíbel
levalas a cabo no contexto escolar (en tempo, orzamento…)”
Bases
e máis información
O
concurso conta con catro categorías, dúas para estudantes (Primaria
–equipos de 2 a 6 nenos e nenas de 5º ou 6º, cun mínimo do 50%
de nenas–, Secundaria –equipos de 2 a 6 rapaces e rapazas de 1º
a 4º da ESO ou Bacharelato, cun mínimo do 50% de rapazas– e dúas
para adultos (centros educativos e outros centros/institucións).
Cada categoría conta cun premio principal e dous accésits.
A
convocatoria estará aberta para recibir propostas até o 15 de
abril.
As
propostas deben enviarse a concurso.apuntastech@cesga.gal.