Volven as Fast Fordward Sessions de Vodafone, primeiro en Vigo e despois online
mércores, 11 de setembro do 2019
Vodafone
vai organizar este outono dúas novas citas das súas Fast Forward
Sessions, o programa de presentacións, demostracións,
divulgacións e xeiras de networking tecnolóxicas para as
empresas. A xeira máis inminente (a do 26 de setembro) será en Vigo
e a segunda, a do 17 de outubro, vaise realizar exclusivamente online
por vez primeira. O segundo evento poderase seguir través de
streaming a través de vodafonefastforward.es
e nel ofrecerase unha clase maxistral de Rodrigo Miranda, director
xeral de ISDI, onde aprender as 7 claves para facer medrar o noso
negocio na era dixital.
Por
outra banda, a operadora informou de que xa está lanzada a
convocatoria da cuarta edición dos premios Fast Forward Awards,
galardóns que recoñecen o mellor proxecto de dixitalización dun
negocio. O obxectivo é premiar PEME ou profesionais que buscan
materializar e impulsar os seus proxectos ou ideas na contorna
dixital “da maneira máis eficaz, servindo de exemplo para os
negocios que veñan despois”, informa Vodafone, engadindo que a
inscrición aos premios está aberta até o 22 de outubro.
Este
ano, a xeito de novidade, poderanse presentar candidaturas a través
dun breve vídeo explicativo de non máis dun minuto de duración. A
candidatura gañadora recibirá un premio valorado en 4.000 euros
consistente en sesións de adestramento profesional e empresarial e
servizos dixitais, que será entregado o 14 de novembro durante o
evento en Madrid tras o programa Fast Forward Sessions.
Como
dixemos, a máis próxima sesión de Fast Forward será o vindeiro 26
de setembro en Vigo, na que Vodafone contará coa colaboración de
entidades como a Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía
de Arousa, o Concello de Vigo, AGEINCO, Vigo Emprende e COINTEGA,
entre outras.