Volven os xogos clásicos (ou ben nunca se foron)
luns, 24 de setembro do 2007
Dende os primeiros tempos da Internet
comezaron a espallarse pola Rede programas dedicados a recrear os xogos dos
primeiros tempos. Foi así como chegou o xa coñecido M.A.M.E, programa que acadaba simulacións idénticas dos antigos
produtos virtuais de lecer das salas nos nosos ordenadores. Logo deses
primeiros programas chegaron os simuladores de consolas e computadores
históricos, como o Commodore 64, tralo éxito acadado nunha longa serie de emulacións
para lembrar aqueles xogos das décadas dos 80 e 90. É así, vía este tipo de
saudade tecnolóxico como se chega ó denominado Abandonware, que, como xa
nos podemos imaxinar, non e máis que o software que caeu no abandono, ou case…
Concretamente, en sitios coma Abandonia, ou nas seccións dedicadas en outros sitios de xogos catalogados no ring oficial de Abandonware atopamos versións dos primeiros xogos para as versións dos PCs, aqueles vellos AT e XT con calidade VGA e SVGA. Ademais, ningún dos xogos precisa emulador nin complicadas configuracións para xogar, como acontece con outros emuladores.