Wappy, o cadelo robot da Nintendo DS

martes, 22 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Entre os pasados días 13 e 16 New York acolleu a edición número 108 do encontro internacional coñecido coma Toy Fair, que contou con máis de 25.000 asistentes que puideron ver máis de 100.000 produtos innovadores entre os que figurou un prototipo do Wappy Dog de Activision, que sería a combinación dun canciño robot cun videoxogo para a Nintendo DS, de xeito que teriamos unha experiencia semellante a de Nintendogs cando estamos fóra da casa, pero que no fogar permitiría que o cadelo robot puidese interactuar coa consola portátil xogando e aprendendo trucos.
Agárdase que ese concepto chegue a converterse nun produto comercial o vindeiro outono a un prezo por determinar.

PUBLICIDADE