Watch Dogs supera os 8 millóns de copias

xoves, 10 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A proposta de Ubisoft co xogo Watch Dogs parece ter convencido ao públco, e o último informe trimestral da compañía de videoxogos desvela que o seu título superou os 8 millóns de copias distribuídas, o que parece indicar unha elevada demanda deste xogo que estaría a conseguir unha boa posición pese a non pertencer a unha franquía previa, polo que non sería de sorprender que durante os vindeiros anos vísemos secuelas no mercado.
Durante o trimestre fiscal que remata o 30 de xuño os ingresos de Ubisoft foron de 360 millóns de dólares, o que supón un 374% máis que o mesmo período de 2013 (cando só ingresaron 76 millóns de euros) superando incluso as súas previsións en máis dun 16%.
Un detalle a salientar dos resultados de Ubisoft é que a metade dos ingresos provirían de vendas para PS4 e Xbox One, o que constataría que a nova xeración de consolas está a asentarse a un ritmo moi elevado, de xeito que na campaña de Nadal poderían considerarse como as plataformas predominantes.

O xogo captou a atención do público coas súas mecánicas de acción nas que o hacking xoga un elemento chave

PUBLICIDADE