Western Digital presenta discos duros de 15 TB

xoves, 25 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Nos centros de procesamento de datos é sumamente importante contar con unidades de almacenamento con cada vez máis capacidade, xa que así aforran espazo e consumo, de aí que resulte moi atractiva a nova unidade de disco de Western Digital, a Ultrastar DC HC620, que cos seus 15 TB convértese no disco duro de maior capacidade do mercado empresarial.
Falamos dun disco duro con SMR e HelioSeal, deseñado para un uso constante e grandes escrituras secuenciais, de xeito que resulta ideal para sistemas de almacenamento de vídeo ou servizos na nube, sempre que non precisen dunha actualización de contidos frecuente.
Sobra dicir que este tipo de unidades non pretenden usarse en equipos de consumo, senón en grandes servidores nos que resulte crucial o aforro de espazo e o funcionamento constante, sendo un dos grandes escenarios aos que resultan ideais estes discos o do almacenamento de gravacións de vídeo de seguridade.

PUBLICIDADE