What the Fog un novo roguelike que pode conseguirse de balde

mércores, 15 de maio do 2024 Marcus Fernández

O xogo Dead by Daylight está a celebrar o seu 8º aniversario con numerosas novidades, entre a que podemos destacar o lanzamento dun novo xogo, What the Fog, un roguelike cooperativo ambientado no mundo de Dead by Daylight no que podemos adoptar o rol de Dwight, Claudette ou Feng Ming, que deben colaborar para sobrevivir a un mundo hostil mentres corren, saltan e disparan a través dun exército de monstros mortíferos.
O xogo conta con 12 habilidades por personaxe, niveis xerados de xeito sintético, 37 Runas únicas, 9 monstros diferentes (con variantes e versións de grande tamaño que funcionar a xeito de xefe)... e incluso un modo para un único xogador, e todo isto a un prezo de 4,99 euros en Steam, aínda que creando unha conta de usuario en Behaviour e ligándoa con Steam é posible conseguir o xogo completamente de balde (promoción limitada a 2 millóns de copias do xogo).

Tráiler de lanzamento de What the Fog

PUBLICIDADE