WhatsApp adÃa a integración de publicidade na Unión Europea
xoves, 19 de xuño do 2025
Meta, a empresa propietaria de WhatsApp, anunciou esta semana o lanzamento dunha nova estratexia publicitaria na súa plataforma de mensaxerÃa, que incluirá anuncios personalizados e unha modalidade de subscrición dentro da lapela Novidades. AÃnda que a despregadura global está prevista para os vindeiros meses, a compañÃa comunicou á Comisión de Protección de Datos de Irlanda (DPC) que o novo modelo de negocio non chegará á Unión Europea ata 2026.
O atraso responde ás preocupacións que xa comezaron a manifestarse desde organizacións pro-privacidade, especialmente polo feito de que Meta utilizará información e preferencias publicitarias procedentes de contas de Facebook e Instagram cando estas estean ligadas a WhatsApp. A propia Meta asegura que esta integración de datos só terá lugar se o usuario vincula voluntariamente as súas contas entre plataformas.
Polo de agora non se mantiveron conversas detalladas sobre esta funcionalidade coa empresa e que aÃnda é cedo para valorar se haberá liñas vermellas reguladoras neste proceso. A DPC, responsable da aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR) de Meta en Europa, xa obrigara á compañÃa a deter a despregadura de certas tecnoloxÃas baseadas en intelixencia artificial por razóns semellantes.