WhatsApp chega ao Nokia 8110 4G
luns, 22 de xullo do 2019
Hai máis dun ano que se vén falando da incorporación
da aplicación de WhatsApp ao sistema operativo KaiOS (limitándose a un smartphone
tan básico como o JioPhone 2 e no territorio da India). pero por
fin chegou WhatsApp á KaiStore, de xeito que dispositivos con só 512 ou 256
MB de RAM poderán gozar de WhatsApp, aplicación que incluirán preinstalada a
partires do vindeiro trimestre.
Dado que WhatsApp é unha ferramenta empregada por máis de 1.500 millóns de
usuarios de todo o mundo, que poida estar dispoñible dende terminais móbiles
conectados moi básicos non só facilita o acceso a usuarios cun baixo poder adquisitivo,
senón tamén a moitos usuarios que consideran que os smartphones con Android son
demasiado complexos.
- O CAT B35 é un dos teléfonos máis interesantes en recibir a aplicación de WhatsApp
Actualmente hai máis de 100 millóns de smartphones con KaiOS no mercado, polo
que supón un importante salto na dispoñibilidade de WhatsApp, dando tamén aos usuarios
bastantes formatos de teléfono para escoller, xa que o Doro 7060 ten formato de
cuncha, o MaxCom 241 ten formato de barra, o Cat B35 serÃa un dispositivo
reforzado para soportar contornos agresivos, e incluso o JioPhone 2 presentarÃa
teclado QWERTY na liña dos clásicos móbiles de BlackBerry (aÃnda que este móbil
limitarÃa a súa distribución á India).
Sen dúbida, o teléfono máis importante do que reciben agora WhatsApp é o Nokia
8110 4G, o Banana Phone, que está inspirado no móbil que podiamos ver no
filme Matrix e que saÃu á venda en España a un prezo de 79,90 euros, pero
que nalgunhas tendas poder atoparse por menos de 50 euros, ou sexa, que móvese
nun rango de prezos no que tamén podemos atopar ao Nokia 1 ou ao Redmi Go, que
ofrecen moitas máis posibilidades, de xeito que en España o prezo non semella un
bo argumento de compra (como si pode chegar a selo que os móbiles con KaiOS sexan
máis sinxelos que con Android).