WhatsApp chega por fin a iPad
martes, 27 de maio do 2025
A aplicación de mensaxerÃa máis empregada no noso territorio, WhatsApp, contaba dende 2022 con aplicación para tabletas con Android, o que permitÃa que moitos usuarios puidesen gozar asà desta ferramenta dende dispositivos con pantalla grande ou que incluso puidesen funcionar sen unha tarifa de datos adicional (aproveitando a Wi-Fi do fogar ou da oficina), podendo resultar tamén moi práctico para o seu uso por parte de menores aos que aÃnda non se lles quere permitir ter un smartphone de seu.
Esta ferramenta é máis completa e práctica que o uso da versión web de WhatsApp, e levaba dende 2023 en beta para iPad, desenvolvemento que tomaron con moita calma ata hoxe, cando por fin está dispoñible para a súa descarga WhatsApp Messenger na súa versión para iPad, de xeito que os usuarios de tabletas de Apple por fin poden gozar da mesma experiencia de uso que os usuarios de Android.
A aplicación permite acceder dende o iPad ás conversas que teñamos en WhatsApp noutro dispositivo, intercambiar mensaxes, realizar chamadas de voz e datos, participar en comunidades e grupos, consultar canles e estados... en definitiva, realizar a meirande parte das funcionalidades de WhatsApp, coas limitacións propias do uso da aplicación dende un dispositivo vinculado.
Sen dúbida unha grande nova para os usuarios habituais de WhatsApp, que teñen asà un xeito máis de poder gozar da súa ferramenta de comunicación en máis dispositivos.
- WhatsApp para iPad ofrece as funcionalidades propias dun dispositivo vinculado