WhatsApp estrea chats de voz para grandes grupos

luns, 13 de novembro do 2023 Marcus Fernández

WhatsApp anunciou hoxe o inicio da despregadura dunha nova funciónalidade: chats de voz para grandes grupos. Iso quere dicir que nas vindeiras semanas os grupos de WhatsApp que teñan un mínimo de 33 integrantes comezarán a poder empregar este novo xeito de comunicación que xorde como alternativa ás chamadas grupais.
Temos así un xeito de comunicación menos intrusivo, que anúnciase a través dunha simple notificación, en vez de facendo soar o móbil como se fose unha chamada de voz. Estas conversas de texto, voz e audio manteñen o cifrado de extremo a extremo.
Haberá que ver como é recibida esta nova forma de comunicación nas vindeiras semanas, pois parece bastante probable que, de resultar atractiva, podería chegar a grupos de WhatsApp de calquera tamaño.

PUBLICIDADE