WhatsApp estrea un asistente de escritura (en inglés)
mércores, 27 de agosto do 2025
Meta anunciou unha nova funcionalidade en WhatsApp chamada Writing Help, pensada para axudar os usuarios a atopar o ton axeitado nas súas mensaxes. A idea é sinxela: moitas veces sabemos o que queremos dicir, pero non como expresalo. Writing Help propón alternativas de redacción en distintos estilos (profesional, divertido ou solidario) que se poden aceptar, editar ou combinar para dar coa fórmula perfecta.
O acceso é moi doado: abonda con comezar a escribir unha mensaxe nun chat individual ou de grupo e premer na nova icona de lapis. Deste xeito, achégase unha función de asistente de escritura mediante IA coa que conta moitos móbiles de alta gama a practicamente calquera teléfono que teña WhatsApp instalado, popularizando unha tecnoloxÃa que algúns considerarán práctica.
Meta asegura que a función é completamente privada grazas á tecnoloxÃa de Private Processing, que permite empregar a súa IA sen que nin WhatsApp nin a propia empresa teñan acceso ao contido da mensaxe orixinal nin ás suxestións xeradas. Para reforzar a confianza, o desenvolvemento contou coa colaboración da comunidade de seguridade e foi sometido a auditorÃas independentes de NCC Group e Trail of Bits, cuxos informes tamén se fixeron públicos.
Writing Help, que chega de xeito opcional e está desactivado por defecto, estreouse en inglés nos Estados Unidos e noutros paÃses seleccionados, con plans de ampliación a máis linguas e rexións ao longo deste ano.
