WhatsApp habilita a edición de mensaxes

luns, 22 de maio do 2023 Marcus Fernández

Nos últimos días os usuarios de WhatsApp comezaron a recibir unha nova prestación longamente agardada, que por fin anunciouse oficialmente: a edición de mensaxes de WhatsApp. Deste xeito, cando enviemos unha mensaxe nunha conversa de WhatsApp e vexamos que cometemos algún erro, poderemos premer sobre a mensaxe e logo elixir a poción de editar no menú para mudar o publicado até 15 minutos de terse enviado a comunicación, permanecendo unha etiqueta indicando que a mensaxe foi editada.
Cómpre salientar que o historial de edicións non se mantén visible, e as mensaxes persoais, incluso editadas, continúan a estar protexidas polo cifrado de extremo a extremo.
A meirande parte dos usuarios de WhatsApp recibiron a funcionalidade durante a pasada fin de semana, pero dado que estamos ante unha implementación progresiva, haberá usuarios e territorios nos que a novidade aínda pode tardar días en chegar.

PUBLICIDADE