WhatsApp mellora a administración de contactos

xoves, 24 de outubro do 2024 Marcus Fernández

Durante todos estes anos os contactos do noso teléfono e dos do WhatsApp eran unha mesma cousa, pero iso está a mudar, e agora anuncian un novo xeito de administración de contactos, de xeito que será posible gardar contactos exclusivamente en WhatsApp, o que resulta especialmente práctico se non queremos mesturar contactos persoais e profesionais. Estes contactos gardaranse de xeito que se restaurarán se perdemos ou mudamos de móbil.
Tamén poderemos engadir contactos dende WhatsApp Web e Windows e, máis adiante, outros dispositivos vinculados. Sendo outra das novidades que están a ultimar a de poder administrar e gardar contactos por nome de usuario, o que engadirá unha capa de seguridade adicional ao servizo, pois será posible comunicarse con usuarios de WhatsApp sen ter que divulgar o número de teléfono.