WhatsApp permite elixir os nosos contactos favoritos
martes, 16 de xullo do 2024
AÃnda que WhatsApp conta dende hai tempo coa posibilidade de fixar varios chats na parte superior da pantalla, esta funcionalidade está limitada a 3 conversas, polo que non resultaba todo o práctica que deberÃa, de aà que agora decidan lanzar a opción de incorporar a contactos ou grupos a favoritos, de xeito que as comunicacións que máis nos interesen serán máis doadas de atopar.
Non só teremos aos novos favoritos na parte superior da sección de chamadas, senón que cando vexamos as nosas conversas poderemos tirar proveito dos filtros para escoller que queremos ver todas as conversas, as non lidas, os grupos e as de favoritos, ou sexa, que podemos segmentar os nosos contactos, para ter unha serie de favoritos aos que poder chegar dun xeito máis áxil.
Esta nova funcionalidade pode controlarse dende os axustes da aplicación ou nas seccións de chats e chamadas de WhatsApp, comezando a espallarse aos usuarios dende hoxe mesmo, aÃnda que pode tardar semanas en chegar a todos os usuarios da aplicación.