WhatsApp permite programar chamadas grupais
xoves, 14 de agosto do 2025
WhatsApp incorporou novas funcións pensadas para facilitar a organización e facer máis dinámicas as chamadas en grupo. A plataforma de mensaxerÃa permite agora programar chamadas e convidar aos participantes con antelación, unha opción útil tanto para encontros familiares como para reunións de traballo.
A nova función, dispoñible na lapela Chamadas, habilÃtase premendo o botón + e seleccionando Programar chamada. Unha vez creada, pódese consultar e xestionar desde esa mesma sección, onde se amosa a listaxe de participantes e as ligazóns para engadir ao calendario persoal ou compartir con outras persoas. Ademais, todos os convocados recibirán unha notificación cando a chamada estea a piques de comezar.
Xunto a esta novidade, WhatsApp engadiu opcións para mellorar a interacción durante as chamadas grupais. Os usuarios poden levantar a man para solicitar a palabra ou enviar reaccións sen interromper a conversa. Tamén se actualizaron as ligazóns de chamada, que agora envÃan notificacións ao creador cando alguén se une.
