WhatsApp permite silenciar as chamadas de números descoñecidos

martes, 20 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Agora que confiamos en que as chamadas comerciais non desexadas experimenten unha drástica redución en España por mor dos cambios lexislativos, debemos tomar precaucións para evitar que estas molestias se trasladen a novos xeitos de comunicación, como WhatsApp, e a funcionalidade adiantada ha uns meses, por fin está dispoñible: silenciar as chamadas de números descoñecidos.
Deste xeito, cando entramos en WhatsApp no menú de Axustes temos un apartado destinado á Privacidade no que temos agora unha sección chamada Chamadas na que figura unha única opción para marcar/desmarcar a posibilidade de Silenciar as chamadas de números descoñecidos, ou sexa, que se tenta chamarnos alguén por voz a través de WhatsApp a chamada quedará rexistrada, pero non soará, evitando así a interrupción que iso supón, pero deixando pegada, por se realmente estabamos ante unha chamada lexítima e queiramos contactar con quen chamou noutro momento.

PUBLICIDADE