WhatsApp poderá comunicarse con outras aplicacións de mensaxería

luns, 11 de setembro do 2023 Marcus Fernández

A semana pasada designáronse os servizos que deberían someterse á Lei de Mercados Dixitais (DMA), resultando especialmente importante que figurase entre os mesmos WhatsApp e Messenger (quedando polo momento fóra a aplicación de Mensaxes do iPhone), o que supón que, entre outras cousas, o WhatsApp terá que ser interoperable atés de marzo de 2024, e dende WABetaInfo detectaron xa rastros deste traballo na versión beta de WhatsApp para Android.
A aplicación estaría a probar a posibilidade de establecer conversas con usuarios doutras aplicacións de mensaxería instantánea, que polo que anticipan, estarían nun apartado especial, de xeito que diferenciaríanse das conversas entre usuarios de WhatsApp, o que ten certo sentido, xa que non hai xeito de garantir que as conversas con outras aplicacións poidan gozar de todas as características de WhatsApp (por exemplo, por contar con distinta tecnoloxía de adhesivos, ou por ter distintas solucións de voz e vídeo).
Parece bastante probable que as comunicacións entre Messenger e WhatsApp serán bastante doadas (principalmente porque son servizos da mesma compañía), pero é toda unha incógnita o que pasará con servizos como a aplicación de mensaxes de Apple ou incluso Telegram, pois o feito de que as aplicacións afectadas pola DMA abran unha porta a terceiros non obriga a eses terceiros a entrar.