WhatsApp por fin permite ocultar se estamos en liña

mércores, 28 de setembro do 2022 Marcus Fernández

A primeiros de agosto WhatsApp anunciou que estaba a introducir melloras na súa privacidade, sendo a máis agardada a posibilidade de ocultar o estado de conexión do usuario, xa que poder ver cando alguén está en liña podía considerarse como unha intromisión na intimidade.
Non sen tempo, os usuarios de WhatsApp en España están comezando a recibir a nova funciónalidade, de xeito que no apartado que permitía configurar que podía ver a hora da última vez que se usou a aplicación engadiuse unha nova opción que consiste en poder restrinxir visibilidade do noso estado en liña aos mesmos usuarios que poden ver cando nos conectamos por última vez. Sorprende que tardasen tanto tempo en activar esta opción cando WhatsApp xa funcionaba así hai anos.
Cómpre salientar que cando limitamos estas opcións de privacidade a restrición afecta en ambos sentidos: que non quere que vexa cando usa WhatsApp tampouco poderá ver cando o usan os demais.

PUBLICIDADE