WhatsApp prepara chats de voz

luns, 7 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Dende WABetaInfo están a dar conta de que a última versión de proba de WhatsApp para Android está a achegar unha nova funcionalidade a algúns usuarios, que semella que vai chegar espallarse de xeito masivo nos vindeiros días: a posibilidade de realizar chats de voz nos grupos.
Os chats de voz xa estaban presenten en anteriores betas de WhatsApp, pero só dispoñibles para un grupo moi reducido de usuarios, e agora a funcionalidade parece estar bastante madura, polo que estariamos a piques de vez como se converte nunha prestación oficial da aplicación.
Os chats de voz poderían iniciarse nun grupo a través dunha icona con forma de onde sonora, e permitiría iniciar unha sala de chat de voz á que poderían incorporarse até un total de 32 participantes, polo que sería unha función diferente a realizar unha chamada de voz, xa que non desencadearía un ton de chamada nos móbiles dos integrantes do grupo.
Esta función lembra á febre que houbo hai uns meses polo audio social, con numerosas aplicacións querendo dominar a creación de salas de voz, e que rematou perdendo pulo. Coa integración en ferramentas de mensaxería instantánea é posible que este xeito de comunicarse teña unha mellor acollida, aínda que tampouco parece que vaia ser unha prestación que vaia aproveitarse de xeito masivo.

PUBLICIDADE