WhatsApp supera os 2.000 millóns de usuarios

mércores, 12 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Había tempo que non tiñamos datos sobre o número de usuarios activos de WhatsApp, e hoxe dende Facebook desvelan que xa hai máis de 2.000 usuarios repartidos por todo o mundo empregando esta aplicación para comunicarse.
Aproveitan este anuncio para lembrar que WhatsApp serve para comunicacións tanto familiares e persoais como profesionais, que permite realizar videochamadas e que emprega cifrado punto a punto, de xeito que as comunicacións están protexidas de miradas alleas, de xeito que nin sequera os responsables da aplicación poden acceder aos contidos das nosas mensaxes e chamadas realizadas a través de WhatsApp. Este recordatorio serve para reiterar o compromiso de WhatsApp coa protección da privacidade dos seus usuarios.

PUBLICIDADE