Wheelman sairá á venda o 20 de febreiro
xoves, 20 de novembro do 2008
O polémico xogo
que presenta a Vin Diesel conducindo coches a toda velocidade e pegando tiros
polas rúas de Barcelona, Wheelman, xa
ten data de lanzamento, e Midway anunciou que chegará
ás tendas europeas o 20 de febreiro (4 dÃas despois que en EE.UU.) nas
súas versións de Xbox 360, PlayStation 3 e PC.
Pese a que haxa polÃticos que non gusten que a súa cidade sexa escenario dun
videoxogo violento (non escoitamos nada semellante co mundo do cine) este
produto promete ter unha grande calidade, e está deseñado «como unha superprodución de Hollywood» en palabras do propio Vin
Diesel, que se involucrou bastante no desenvolvemento deste tÃtulo. Tamén
asegurou que «xogar a este tÃtulo será
como tomar o control das meirandes persecucións de coches cinematográfica,
excepto que desta volta ti estás no asento do condutor».
O xogo chegará soportado por unha campaña publicitaria multimillonaria,
agardando un volume de vendas importante.