Wii Play: Motion chega ás tendas españolas

luns, 27 de xuño do 2011 Marcus Fernández

As tendas españolas xa teñen dispoñible Wii Play: Motion, que vén a ser unha revisión do Wii Play, combinándose nun único paquete cun prezo recomendado de 49,95 euros o un disco con 12 mini-xogos e un mando Wii Plus de cor vermella. Cómpre destacar que os xogos só funcionan con este novo mando ou cun mando ordinario de Wii ao que se conecte o accesorio Wii MotionPlus, pois fan uso da tecnoloxía avanzada de control de momento.
Cómpre destacar que o novo xogo co mando ten un prezo inferior ao do mando solto, polo que o seu éxito está garantido, pois, aparte de permitir gozar dun control secundario na Wii, pódese xogar a cazar pantasmas, atrapar refachos de vento cun paraugas para impulsarse por un circuíto, colocar o meirande número de bolas de xeado sobre un cucurucho e outros divertidos xogos son especialmente divertidos nas súas modalidades multixogador.


Trailer en español de Wii Play: Motion

PUBLICIDADE