Windjammers 2 xa é unha realidade

xoves, 20 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Houbo que agardar 25 anos para ver a secuela do xogo de discos para máquinas recreativas Neo Geo, e o moi agradado Windjammers 2 chega hoxe por todo o alto a PC, PlayStation 4, Nintendo Switch e Xbox One a un prezo de 19,99 euros (17,99 euros na súa promoción de lanzamento), aínda que confíase en que a meirande parte dos usuarios cheguen a través do Game Pass, tanto para consolas Xbox como para PC.
Este novo xogo recupera os elementos clásicos de Windjammers, apostando por unha divertida competición e renovando o aspecto gráfico para lucir ben en máquinas modernas, á vez que tamén incorpora novos competidores, novos escenarios, novas mecánicas xogables e incribles movementos novos que permitirán que apreciemos este título como un produto novo que confía en conseguir rodearse dun ambiente competitivo, que se trasladaría dos salóns recreativos dos anos 90 ao actual xogo en liña.

PUBLICIDADE