Windows Phone 8 estrearase en España con HTC e Vodafone

luns, 12 de novembro do 2012 Marcus Fernández

HTC e Vodafone anuncian o que será o primeiro móbil con Windows Phone 8 en chegar ao mercado español, o HTC Windows Phone 8X, que cunha pantalla Super LCD 2 de 4,3 polgadas de 720 con Gorilla Glass 2, un potente procesador Qualcomm S4 con dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno aspira a colocarse entre os terminais preferidos co noso sistema operativo de Microsoft, ao presentarse nun formato que mellora substancialmente en peso e grosor ao Nokia Lumia 920.
Aínda que o HTC Windows Phone 8X non teña unha cámara tan innovadora como a do móbil insignia de Nokia, goza dun sensor retroiluminado, grande angular na súa cámara frontal (moi útil para autofotos) e a posibilidade de gravar vídeo a 1.080p tanto na cámara traseira de 8 Mpíxeles como na frontal de 2,1 Mpíxeles. Non lle falta unha boa conectividade sen fíos (Wi-Fi N, Bluetooth 3.1 e NFC) nin a tecnoloxía Beats Audio para unha boa reprodución musical.
Este móbil que se estreará con Vodafone estará dispoñible por 49 euros e 51 euros/mes coa nova tarifa Vodafone RED ou por 129 euros e unha tarifa de 41 euros/mes con Vodafone Base, en ambos casos cun compromiso de permanencia de 24 meses. Tamén estará dispoñible para autónomos e empresas.

PUBLICIDADE