Windows Vista vendeu preto de 40 millóns de copias dende o seu lanzamento

mércores, 16 de maio do 2007 Marcus Fernández

Pese a que moitos están a afirmar que o Windows Vista de Microsoft é o novo Millennium (en referencia a que no novo sistema operativo tería peor aceptación que o seu predecesor) Bill Gates parece non estar de acordo con tales afirmacións, e o apoia con cifras, xa que no marco do Windows Hardware and Engineering Conference (WinHEC) afirmou que Vista xa vendeu preto de 40 millóns de copias, o que duplicaría a velocidade de adopción que tivo o Windows XP no seu día.
Ademais, tamén desvelou o nome comercial que tería o Longhorn, que finalmente se chamará Windows Server 2008, o que confirmaría que o novo sistema operativo de Microsoft para servidores estaría rematado antes de finais de ano.

PUBLICIDADE