Winter, un xogo de terror para Wii

xoves, 22 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Continúa a racha de xogos de Wii para un público adulto, e tras falar onte de Rogue Trooper, agora sabemos tamén a consola doméstica de Nintendo vai contar cun survival horror desenvolvido polo estudo n-Space (responsables de Call of Duty e Geist).
Winter será un terrorífico título no que a súa protagonista, Mia, está illada en metade dunha tormenta de neve, polo que hai que buscar xeitos de sobrevivir en condicións extremas, polo que será preciso dende prender lume ata destripar animais para abrigarse, sendo o principal inimigo o frío, aínda que non faltarán inimigos que dificultarán superar a misteriosa tormenta.
Este xogo estaría claramente dirixido a un público hardcore, polo que sería unha rara avis na Wii, descoñecéndose os detalles da súa comercialización, xa que na actualidade están en negociacións para atopar editor do xogo.

Vídeo do xogo en movemento que nos adianta cómo será Winter

PUBLICIDADE