WipEout HD chegará á PLAYSTATION Network no outono

xoves, 21 de agosto do 2008 Marcus Fernández

WipEout e velocidade son sinónimos para os usuarios das consolas de videoxogos de Sony, que estarán contentos de saber que o vindeiro outono chegará á PLAYSTATION Network na súa entrega WipEout HD que achegará as mellores pistas das anteriores versións do xogo tirando proveito da capacidade gráfica da PS3, polo que o xogo presentaría uns gráficos a 1.080 liñas en progresivo a 60 fotogramas por segundo. Tampouco deixa de lado o apartado sonoro, cunha banda sonora trepidante con son envolvente (Dolby 5.1), aínda que o usuario tamén pode elixir escoitar temas gardados no disco duro da PS3.
Nas partidas multixogador podemos competir a pantalla partida ou competir en liña con ata 8 xogadores (tirando proveito tamén dos novos trofeos).
Podemos facernos unha idea do potencial do xogo no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE