Withings comercializa o termómetro do futuro
xoves, 3 de abril do 2025
Withing segue a avanzar no ámbito dos dispositivos tecnolóxicos orientados á saúde, e a súa última creación é BeamO, que presentan como o termómetro do futuro, que xa está dispoñible comercialmente a un prezo de 249,95 euros.
O prezo pode parecer bastante elevado, pero é que realmente non estamos ante un termómetro, senón que BeamO é un dispositivo MultiScan 4 en 1, deseñado para empregar de xeito persoal ou durante unha teleconsulta.
O BeamO integra un estetoscopio, un termómetro sen contacto, un oxÃmetro de pulso e un electrocardiograma de 1 derivación, ou sexa, que pode empregarse para medir a nosa temperatura corporal, a nosa saúde cardiovascular e o noso sistema respiratorio, podendo levar esa información a unha aplicación móbil dende a que, se o desexamos, poidamos compartir os datos cun cardiólogo certificado para que poida realizar unha revisión completa do electrocardiograma realizado (servizo dispoñible a través de Withings+, servizo de subscrición que polo momento está dispoñible en probas en Francia, Alemaña e EE.UU., pero prevé chegar a máis territorios máis adiante). O BeamO detecta febre, infeccións, problemas cardiovasculares (como a fibrilación auricular) e emite alertas en caso de ritmo cardÃaco anormal.
O dispositivo ten unhas dimensións de 3,7 x 1,9 x 13,6 centÃmetros, un peso de 80 gramos, unha pantalla de 1,9 polgadas cunha resolución de 170 x 320 pÃxeles, conectividade Bluetooth e baterÃa recargable por USB-C cunha autonomÃa duns 8 meses.
VÃdeo promocional do BeamO