WordPress.com permite crear páxinas web mediante IA
xoves, 10 de abril do 2025
Para facer aÃnda máis doada a creación dunha páxina web para un pequeno negocio, un emprendedor ou un creador de contidos dende WordPress está ofrecer en acceso anticipado o seu novo creador de páxinas web mediante IA, de xeito que simplemente con instrucións de texto é posible definir o deseño, o texto e incluso as imaxes dunha páxina web hospedada en WordPress.com.
Esta nova ferramenta é moi potente, permitindo un grande nivel de personalización de páxinas web para usuarios sen coñecementos técnicos, sendo posible probar esta tecnoloxÃa de balde con até 30 indicacións á IA, aÃnda que os usuarios que contraten unha hospedaxe web de pagamento poderán continuar a empregar a IA para construÃr a súa páxina web.
O creador de páxinas web mediante IA polo momento está limitado a sitios de WordPress.com novos, e mantén as funcións habituais desta plataforma, polo que seguiremos podendo modificar detalles do xeito tradicional. O que parece evidente é que estamos ante unha solución que pode servir para rachar certas barreiras de acceso á hora de dar o salto na creación de páxinas web.
VÃdeo no que podemos ver o sinxelo que é crear unha páxina web en WordPress.com mediante IA